Aberto o prazo para solicitar praza no programa de Termalismo do Imserso ano 2020
Requisitos:
A) para poder participar terán que reunir algún destes requisitos:
- Ser pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema da Seg. Social español.
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos do Sistema da Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos do Sistema da Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español con 65 anos cumpridos.
- Ser español residente no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión pública española, teñan 60 anos cumpridos ou pensionistas de viuvez con 55 anos cumpridos; así como, persoas aseguradas ou persoas beneficiarias do Sistema Seguridade Social español con 65 anos.
B) Ademais, todos os usuarios das prazas terán que cumprir:
- Poder valerse por si mesmo para realizar as tarefas básicas da vida diaria.
- Necesitar os tratamentos termais solicitados e non ter contraindicacións médica para recibilos.
- Acadar a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados, de conformidade coa baremación esixida.
Se admitirá como acompañante a/o cónxuxe, parella de feito ou persoa con análoga relación de afectividade á conxugal, aínda que non alcance a idade sempre que cumpra o resto dos requisitos. Así como, as/os fillas/os cunha discapacidade igual ou superior ao 45% se comparten habitación e quenda cos seus pais.
Quendas: de 12 días (11 noites) ou 10 días (9 noites) con pensión completa e habitación doble.
Prezo: varía en función do balneario e do mes solicitado.
Documentación: a solicitude (Anexo II), inclúe unha declaración xurada e unha autorización para consultar datos sobre identidade/residencia .
Prazo e lugar da solicitude: para as quendas de febreiro a agosto ata o día 10 de xaneiro de 2020 e, para a súa inclusión na Lista de Espera, ata o 14 de maio de 2020; para as quendas de setembro a decembro ata o día 15 de maio de 2020 e, para a súa inclusión na Lista de Espera, ata o 30 de outubro de 2020;
presentarase prioritariamente por medios electrónicos en https://sede.imserso.gob.es;
máis información nas dependencias de Servizos Sociais do Concello