O Concello

Departamentos

* Camariñas pavimenta o camiño da Grela, na parroquia de Xaviña 11/12/2019

Camariñas pavimenta o camiño da Grela, na parroquia de Xaviña

·        A obra está cofinanciada co Agader e contou cun orzamento de 50.095,94 euros.  

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o concelleiro de Urbanismo, Sergio Caamaño, levaron a cabo a recepción da obra de pavimentación do camiño da Grela, situado na parroquia de Xaviña. Esta actuación, que serviu para mellorar un camiño que estaba deteriorado, foi cofinanciada co Agader e contou cun orzamento de 50.095’94 euros.  

Previamente ao inicio das obras procedeuse ao desbroce da maleza e á limpeza das marxes do camiño, que conta con catro tramos. Finalmente, executouse o novo pavimento mediante estendido e compactado dunha capa de aglomerado asfáltico.  

Esta actuación enmárcase dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 co que o goberno local pretende lograr unha maior seguridade viaria en todo o municipio.


© by Abertal