Sae publicada no DOG do 5 de decembro de 2019 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais.
Todas aquelas persoas que se anotaron nas listas deben comprobar canto antes a súa situación xa que se abre un prazo de reclamacións.
Información publicada:
- Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación provisional.
- Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión
Prazo de reclamacións: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia).
As reclamacións presentarante ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluídas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión quedará definitivamente excluída.
As listas poden consultarse no portal corporativo da Xunta de Galicia, a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191205/AnuncioCA01-021219-0003_gl.pdf
CONSULTA DAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00