· O acto de presentación será mañá, ás 12:30 horas, na rúa Nova, en Santiago de Compostela.
· Ao acto acudirá a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.
O Encaixe de Camariñas estará presente na nova colección de Sargadelos, concretamente nun mantel. O acto de presentación será mañá, ás 12:30 horas, na rúa Nova, na sede de Santiago de Compostela. Ao acto acudirá a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua e a concelleira da Mostra do Encaixe, Encarna Liñares.
Segundo responsables do equipo creativo, “neste lanzamento tratamos de facer homenaxe aos artesáns, por iso estarán presentes explicando o seu oficio e demostrarano de xeito práctico”. Unha palilleira de Camariñas, Aurora, estará presente, e será a encargada de explicar a versatilidade do encaixe nun produto tan especial como o mantel da nova colección de Sargadelos.
Segundo a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, “é un auténtico orgullo que o noso Encaixe teña cabida, porque é necesario potenciar a cultura e o arte propio. Creo que vamos polo bo camiño”, destaca a rexedora.