RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 29/11/2019
RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS
CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 27 de novembro de 2019 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Convocadas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
-Atención sociosanitaria a persoas no domicilio SSC089_2
-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
-Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2
-Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
-Docencia da formación para o emprego SSC448_3
-Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
-Operacións De vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA129_2
-Confección e mantemento de artes e aparellos MAP005_2
-Vixilancia e seguridade privada SEA029_2
unidades de competencia:.
UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións.
UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa ihntegridade física
- Instrución en ioga AFD616_3
- Servizos para o control de pragas SEA028_2
Requisitos:
- Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
- Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
- Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
- Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
- Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.
- Non estar matriculado /a nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
- Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita.
- Non estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
Prazo: Do 28 de novembro ao 27 de decembro de 019 (inclusive)
ENLACE Á ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191127/AnuncioG0424-191119-0007_gl.pdf INFORMACIÓN
DA CONVOCATORIA:
http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html
SEDE ELECTRÓNICA:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR305AOU CONTACTAR COA
ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00
Descargas relacionadas