O Concello

Departamentos

* CAMARIÑAS EN NEGRO 26/11/2019

CAMARIÑAS EN NEGRO

No día de hoxe, 25 de Novembro, co motivo da Conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, A alcaldesa, A Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, a Concelleira de Cultura e Encaixe e a Técnica de Igualdade desprazáronse ata os centros educativos do CEIP Ponte do Porto, IES Pedra da Águia e CEIP O Areal.

En cada un dos centros, realizouse un acto conxunto no que se leu un manifesto por parte da alcaldesa e outro por parte do alumnado, nos cales se condenaba todo tipo de violencia contra a muller. Ademais gardouse un minuto de silencio en memoria a todas as mulleres falecidas neste 2019  por este tipo de agresións.

Posteriormente todo  alumnado se xuntou para sacar unha foto na que saíron con unha pañueleta que lles agasallou o Concello de Camariñas e con un zapato negro que trouxeron das súas casas. Cos zapatos o que se pretendeu foi representar o lema “Pisamos a Violencia”.

En principio todos estes actos foron previstos para ser realizados no Porto de Camariñas,  xuntándose todo o alumnado na explanada da lonxa. Pero debido á inestabilidade do tempo decidiuse trasladar a conmemoración aos centros educativos.


© by Abertal