O Concello

Departamentos

* Camariñas dinamiza o comercio local a través do seu particular "Black Friday" 19/11/2019

Camariñas dinamiza o comercio local a través do seu particular

·        Haberá descontos de entre o 20% e o 50% en 25 establecementos.
·        Terá lugar o venres 22 e o sábado 23 de novembro.  

O Concello de Camariñas celebra outro ano máis o seu particular ‘Black Friday’, que terá lugar o venres 22 e o sábado 23 de novembro e que persegue o obxectivo de dinamizar o comercio local a través de importantes descontos e sorteos nos locais participantes.  

Nesta ocasión son 25 os establecementos que se unen ao ‘Black Friday’ e ofrecerán descontos de entre o 20% e o 50% nos artigos seleccionados. Ademais, ao realizar unha compra nestas tendas entregarase un ticket para participar no sorteo dun vale dun 30% de desconto en cada tenda.  

Como previa a esta campaña o goberno local habilitará na praza do Concello o xoves, 21 de novembro, a partir das 10 horas un gran arco de globos amarelos e negros. Ademais, en cada establecemento poderán probarse un doce creado para a ocasión: as ‘Galletas Black’.  

Adheríronse a esta campaña:  

  • Camariñas: Calzados Silvia, Centro óptico e auditivo O Faro, Chuchelandy, Comercial Santos, Cortinas Pili, d’Pau, Farmacia Rubén Queimaño, Ferretería Ricardo Más e Hijos, Kerubín Moda Infantil, Laboratorios Quintairos, Muebles Sambade, O rincón de Chus, Oreiro Moda e Complementos, Tanzana Chano, Xoiería A Caramiña.
  • Ponte do Porto: Calzados la Elegancia, Confeccións Elsa, Confección e fotos Isabel Alonso, Florería Esther, Florería Maribal, Modas Guillermina, O rincón do neno, Pubal Sport.
  • Xaviña: Electrónica Carril, Florería Alecrín.


© by Abertal