O Concello de Camariñas continúa co programa dos Naufraxios 2019. Hoxe no Museo Man de Camelle celebrouse o relatorio titulado ‘City of Agra, 123 Anos na Memoria’, que serviu para presentar o programa do evento que se levará a cabo no mes de maio de 2020. Tamén acolleu unha teatralización dos naufraxios en Camelle.
Camelle e Arou viviran durante o 22, 23 e 24 de maio tres xornadas de exposicions, roteiros, música e mercadiño mariñeiro, na homenaxe do afundimento do City of Agra