O Concello

Departamentos

* AUTOCOMPOSTAXE NO CONCELLO DE CAMARIÑAS 14/11/2019

AUTOCOMPOSTAXE NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

O Concello de Camariñas continúa co programa de compostaxe  doméstica para toda  as parroquias do Concello.  

Nesta ocasión e coa subvención da Deputación da Coruña, poderán participar 15 persoas. Recibirán gratuitamente un composteiro, manual de uso, formación, titoria e asesoramento personalizado para que poidam realizar a compostaxe óptimamente. 

Nas anteriores edicións máis de cen persoas do concello realizaron esta actividade e veñen realizando un compost de alta calidade que fertiliza a súa horta e plantas, mellora a estrutura do solo no que o aplican e mellora a retención da auga nos chans… 

Para participar só tes que inscribirte na Casa de Pedra do Concello de Camariñas
ou chamar ao teléfono 981 737 004
.
De luns a venres de 8:00 a 15:00h.
O prazo estará aberto ata esgotar as 15 prazas disponibles. 

Queres compost para a túa horta? Queres un composteiro para os restos orgánicos do teu fogar? Se tes un pequeno terreo onde colocar o composteiro... Participa no programa de compostaxe do Concello!!
Apúntate xa na Casa de Pedra. 

Únete ao clube!!
Compostaxe doméstica en Camariñas


© by Abertal