·Publicáronse as bases para presentar as solicitudes.
O Concello de Camariñas busca promover o deporte no municipio axudando ás asociacións ou entidades deportivas a sufragar parte dos gastos derivados da súa actividade a través dunha convocatoria de subvencións que se publica hoxe no BOP e para a que se destinan un total de 15.000 euros.
Poderán solicitar as asociacións ou entidades deportivas que desenvolvan a súa actividade no municipio e estean inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de Camariñas. O prazo para formalizar as solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir deste venres, 8 de novembro.
Serán gastos subvencionables aqueles que deriven do funcionamento ordinario das asociacións tales como equipacións, fichas ou licenzas federativas, pago de dereitos de participación nas competicións, arbitraxes, seguros médicos, transporte dos equipos, seguros de RC, seguros de accidentes, persoal técnico, botiquín e material para o mesmo , material deportivo funxible e ou inventariable.