O Concello

Departamentos

* Camariñas volverá a tinguirse de negro contra as violencias 06/11/2019

Camariñas volverá a tinguirse de negro contra as violencias

· Os comercios e axentes locais interesados en participar na campaña deben poñerse en contacto coa técnica de Igualdade para que se lles facilite o material.  

O Concello de Camariñas súmase un ano máis a campaña ‘En Negro contra a violencia’, e tinguirá o municipio de negro para tratar de concienciar e erradicar da sociedade a lacra da violencia de xénero, polo ‘Día Internacional Contra a Violencia de Xénero’ do 25 de novembro.  

Desde a Concellería de Igualdade pretenden que, do 18 ao 25 de novembro, tanto os comercios como os diferentes axentes locais volvan a tinguir os seus espazos de negro coa cartelería aportada polo Concello. Aqueles que desexen participar na campaña deben poñerse en contacto coa técnica de Igualdade no teléfono 981 737 004  

A concelleira de Igualdade de Camariñas, Begoña Tajes, considera que esta iniciativa funciona como “un gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Camariñas libre de violencias machistas!”.


© by Abertal