· O acto de clausura tivo lugar hoxe, luns 4 de novembro, no IES Pedra da Aguia.
· Participaron un total de 95 persoas nas diferentes actividades.
Hoxe, luns 4 de novembro, celebrouse no IES Pedra da Aguia o acto de clausura de ‘Camariñas con Talento’, un programa organizado polo Concello de Camariñas e subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Os obxectivos deste programa foron promover e capacitar o emprendemento na mocidade, vía imprescindible para reter o talento xuvenil nas zonas rurais, e incrementar a viabilidade e a autoestima do empresariado máis novo.
Un total de 95 persoas participaron nestas actividades. A totalidade delas valoraron positivamente as actividades e un 88% salientaron a súa alta satisfacción respecto ao programa.
A alcaldesa, Sandra Insua, felicitou “ás 95 persoas que participaron nesta actividade, demostráchedes que en Camariñas hai talento, e moito” e desexoulles que “a formación que adquiristes ao longo do programa vos sirva a partir de agora”.