O Concello

Departamentos

* Camariñas celebrou con éxito o seu Desfile de Outono do comercio local 04/11/2019

Camariñas celebrou con éxito o seu Desfile de Outono do comercio local

·        As diferentes coleccións captaron a atención das preto de 500 persoas, entre público e participantes, que se deron cita no Pavillón Municipal.  
·        En total 6 empresas locais amosaron as súas propostas nesta iniciativa, organizada polo Concello, coa que se pretende promocionar o comercio local.   

Numeroso público se congregou na tardiña de onte (venres) no Pavillón Municipal de Camariñas co gallo da celebración do Desfile do Outono. Distintos motivos relacionados co Samaín estiveron presentes na decoración do escenario polo que desfilaron os propios veciños como modelos de excepción.  

Pese a que tarde non se prestaba moito a saír da casa, polas inclemencias meteorolóxicas, o recinto encheuse. Houbo preto de 500 persoas presentes no evento contando o público que seguiu o desfile e que abarrotou o espazo reservado a tal fin, e os participantes na organización (comerciantes, modelos, etc.)  

Un total de seis comercios de Camariñas presentaron as súas coleccións para a temporada neste Desfile de Outono, que organizado o Concello para promocionar o comercio local e dinamizar a economía. En concreto amosaron as súas propostas as firmas Kerubín, Oreiro, O Rincón de Chus, d’Pau, Calzados Silvia e Confecciones Elsa.  

A degustación dun chocolate co churros de balde á disposición dos asistentes puxo o punto e final a este Desfile de Outono en Camariñas.


© by Abertal