Data: Luns 4 de novembro
Hora: 11:35h
Lugar: IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto
Camariñas Con Talento é un programa organizado polo Concello de Camariñas e subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Estaba dirixido á mocidade local de 14 a 29 anos. Os obxectivos deste programa foron promover e capacitar o emprendemento na mocidade, vía imprescindible para reter o talento xuvenil nas zonas rurais, e incrementar a viabilidade e a autoestima do empresariado mozo.
As actividades realizadas foron: un curso de 20h de creación de video con teléfonos móbil, obradoiros de actitudes emprendedoras realizados grazas a colaboración do IES Pedra da Aguia. Participaron alumnado de 4ºESO. Pildora formativa de 3 horas para coñecer Instagram e o seu uso para empresas e a viaxe para coñecer boas prácticas empresariais nas zonas rurais. Empresas vinculadas aos recursos locais. Nesta actividade tamen participaro o alumnado de 4º ESO deste instituto e coñeceron a Cooperativa Milhulloa e a Comunidade de Montes O Carballo da provincia de Lugo.
Un total de 95 persoas participaron nestas actividades. O 58% delas son mulleres. A totalidade delas valoraron positivamente as actividades e un 88% salientaron a súa alta satisfacción respecto ao programa.
O programa previsto do acto é:
11:35. Presentación do acto a cargo da directora do IES Pedra da Aguia. Mariví Mouzo Romero
11:40. Intervención da alcaldesa de Camariñas. Sandra Insua Rial
11:50. Premier realizados polo alumnado do programa Camariñas con Talento
12:00 Entrega de diplomas e clausura a cargo da Consellería de Política Social ·
Enlace aos videos realizados no programa Camariñas Con Talento
https://www.youtube.com/playlist?list=PLMyhuy2Tv8dGGViZQThI4PS7YKBUBvQDQ