· Na segunda Danza Rosa participaron máis de 300 persoas.
· As doazóns feitas pola veciñanza acadaron arredor de 900 euros que irán a parar á Asociación Contra o Cancro de Camariñas.
Máis de 300 persoas tinguidas de rosa participaron hoxe na segunda ‘Danza Rosa’ organizada polo Concello de Camariñas en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. Entre a veciñanza recadáronse arredor de 900 euros que serán doados a esta asociación camariñana.
As mulleres e os homes participantes partiron desde a praza do Concello e ao remate do percorrido, que chegaba ata o porto, realizouse unha ofrenda floral e tivo lugar un faladoiro na Casa de Pedra coa psicóloga da AECC, Ainhoa Carrasco.