O Concello

Departamentos

* Camariñas organiza a segunda ‘Danza rosa’ mañá sábado ás 16:30 horas 25/10/2019

Camariñas organiza a segunda ‘Danza rosa’ mañá sábado ás 16:30 horas

·        A saída será desde a praza do Concello e, ao remate do percorrido, terá lugar unha ofrenda floral e un faladoiro na Casa de Pedra.    

O Concello de Camariñas celebra mañá, sábado 26 de outubro, en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro por segundo ano consecutivo unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.  

A actividade consiste nunha danza de arcos, con punto de saída na praza do concello ás 16:30 horas e chegada ata o porto, en apoio contra o cancro de mama e con todas as persoas que loitan ou loitaron contra esta enfermidade.  

Ao remate do percorrido, terá lugar unha ofrenda floral e un faladoiro (19 h.) na Casa de Pedra ca psicóloga da AECC, Ainhoa Carrasco.


© by Abertal