A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 21 de outubro as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019.
Datas de realización das probas:
- Celga 2: en Santiago de Compostela e en Ponferrada
17 de novembro de 2019
- Celga 4: en Santiago de Compostela e en Ponferrada
16 de novembro de 2019
No caso daquelas persoas as cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de realización seralles comunicada directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As sedes e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191021/AnuncioG0535-111019-0002_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
www.lingua.gal
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES:9:00 – 15:00