O Concello

Departamentos

* Camariñas organiza obradoiros e iniciativas solidarias polo Día da Biblioteca 21/10/2019

Camariñas organiza obradoiros e iniciativas solidarias polo Día da Biblioteca

Este xoves, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca, unha iniciativa que dende 1997 promove a Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil. A biblioteca de Camariñas súmase a esta celebración organizando unha serie de obradoiros de dinamización lectora, dirixidos a nen@s de 4 a 12 anos, que promoven a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero. Estes actividades están incluídas no programa “Camariñando pola igualdade”.

Por outra banda, tamén se sumará á iniciativa de Biblioteca Solidaria, campaña de venta de libros duplicados, descatalogados e/ou doados ao prezo especial de 1€ euro. En colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro. A recadación irá destinada á asociación para a investigación.

O puntos de Biblioteca Solidaria estarán situados na Casa do Concello, Casa de Pedra e Biblioteca Municipal na semana do 21 ao 25 de outubro en horario laboral.

CAMARIÑANDO POLA IGUALDADE: OBRADOIROS
Martes 22 de outubro: A fábrica dos corazóns de papel reciclado por Anxo Moure (Carballo con botas)
Mércores 23 de outubro: Iguais, diferentes por Manuel Solla Barragáns
Xoves 24 de outubro: CONTO XOGO por Patricia Martínez Rodríguez Eduvía (Vías para a Educación)
Venres 25: Pioneiras galegas: Maruja Mallo por Iris Loreto Pertíñez Gesteiro


© by Abertal