Debido ao mal tempo e ás previsións meteorolóxicas, tanto o Concello de Camariñas como a Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro, decidiron aprazar a segunda Danza Rosa para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
A data prevista de celebración é o próximo sábado, 26 de outubro.
Todas aquelas persoas que desexen participar e queiran facelo vestidas con camisetas e panos rosas deberán anotarse na Casa de Pedra, en horario de 10 a 14 horas, poñéndose en contacto coa técnica de Igualdade.