O Concello

Departamentos

* Inauguración exposición "O océano que nos une" 11/10/2019

Inauguración exposición "O océano que nos une"

Hoxe o Museo Man de Camelle acolleu a inauguración da exposición ‘O océano que nos une’, organizada pola Red de Espacios Museísticos Atlánticos (REMA) e creada polos ocho Grupos de Acción Local Pesquera (GALP) de Galicia.

‘El océano que nos une’ está a percorrer os museos adheridos á rede REMA nunha primeira fase. A través de dez paneis informativos, amósanse os elementos máis significativos destos espazos conectados ao mar mediante diferentes temáticas, como a pesca, a historia, a etnografía ou o medio ambiente.

A exposición estará no Museo MAN ata o domingo 20 de outubro en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas, os venres, sábados e domingos.


© by Abertal