· A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación desta actuación, que está valorada en 50.095,94 euros.
O Concello de Camariñas aprobou en Xunta de Goberno Local a contratación do proxecto para pavimentar o camiño da Grela, situado na parroquia de Xaviña. Esta actuación está valorada en 50.095’94 euros e servirá para mellorar un camiño que actualmente se atopa deteriorado.
Previamente ao inicio das obras procederase ao desbroce da maleza e á limpeza das marxes do camiño, que conta con catro tramos. Finalmente, executarase o novo pavimento mediante estendido e compactado dunha capa de aglomerado asfáltico.
Esta actuación enmárcase dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 co que o goberno local pretende lograr unha maior seguridade viaria en todo o municipio.