A concellería de servizos sociais do Concello de Camariñas, en colaboración coa Asociación ÍNTEGRO de Nantón, organiza unha andaina polo Día Da Inclusión.
Sairá desde o Club Náutico e chegará ata a Praza do Concello. Alí faranse distintas actividades e lerase un manifesto. Máis tarde celebrarase unha comida conxunta entre os membros de distintos colectivos.