· A apertura da área de xogos realizouse esta mañá.
· O Concello realizou a intervención con fondos propios.
O Concello de Camariñas rematou as obras no parque infantil da praza Maior con fondos propios. Esta mañá procedeu á apertura desta área de xogos, que é a máis empregada na época de curso escolar. Para aproveitar o verán, e como os pequenos empregan nesta tempada o parque de Area da Vila, decidiuse renovar por completo o do centro de Camariñas.
Renovouse o pavimento por completo, instalando no chan caucho continuo para a total seguridade dos nenos. Mellorouse o perímetro de peche do parque, e tamén se instalaron novos elementos de xogo.
Unha das novidades é que parte das pezas de xogo están pensados para persoas con necesidades especiais. Moitos deles están pensados para cativos dun a tres anos, sendo na súa totalidade inclusivos, certificado polo fabricante, e converténdose nun espazo pensado para a totalidade das nenas e nenos de Camariñas.