· O parque da praza Maior é a área de xogos máis empregada na época escolar. O Concello de Camariñas comezou as obras no parque infantil da praza Maior con fondos propios. Esta área de xogos é a máis empregada na época de curso escolar. Como estamos a atravesar o verán, e o de Area da Vila agora mesmo responde a un maior uso por parte dos pequenos, decidiuse renovar por completo o do centro de Camariñas. Renovarase o pavimento por completo, instalando no chan caucho continuo para a total seguridade dos nenos. Mellorarase o perímetro de peche do parque, e tamén se instalarán novos elementos de xogo. Unha das novidades é que parte das pezas de xogo estarán pensados para persoas con necesidades especiais, converténdose nun espazo pensado para a totalidade das nenas e nenos de Camariñas.