O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas unirase á reivindicación veciñal ante o déficit de servizo sanitario 06/08/2019

O Concello de Camariñas unirase á reivindicación veciñal ante o déficit de servizo sanitario

·        O vindeiro sábado 10 de agosto terá lugar unha manifestación na praza da Insuela, diante da Casa do Concello, ás 12:00 horas.  

O Concello de Camariñas unirase o vindeiro sábado, día 10 de agosto ás 12:00 horas, á reivindicación veciñal ante o déficit do servizo sanitario que está a experimentar o municipio, na praza da Insuela, diante da Casa do Concello.  

A corporativa local, con Sandra Insua á cabeza, está en contacto habitualmente con dirixentes do Sergas, para facer extensible o malestar da veciñanza ante a escasa cobertura médica de Camariñas.  

Debido a que a situación segue sin encauzarse, o goberno local unirase ás veciñas e veciños do municipio da Costa da Morte para manifestarse e pedir máis médicos, máis persoal de enfermaría e que se resolva o tema do servizo de pediatría.  

A alcaldesa, Sandra Insua, incluso se plantexou alternativas, como a posibilidade de vehículos privados como os taxis, para que os enfermos crónicos e de elevado risco se poidan trasladar aos centros hospitalarios, con cargo municipal, pero “intervención puxo reparos e argumentou que non son cuestións da nosa competencia”, sentenciaba a alcaldesa.


© by Abertal