O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas segue en alerta ante a insuficiente prestación do servizo de atención primaria 02/08/2019

O Concello de Camariñas segue en alerta ante a insuficiente prestación do servizo de atención primaria

  ·Camariñas solicita de xeito inmediato a incorporación dun médico de cabeceira, ante as continuas queixas dos habitantes do municipio.

·Antón Fernández, en representación da Consellería de Sanidade, atendeu a petición da alcaldesa de Camariñas, a quen lle trasladou que se garantirán os servizos mínimos.  

O Concello de Camariñas segue en alerta ante a insuficiente prestación do servizo de atención primaria no seu Centro de Saúde. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, volveu manifestar á Consellería de Sanidade o malestar que se fai extensible a todo o municipio, xa que non hai un médico de cabeceira prestando servizo, que é imprescindible. Foi atendida por Antón Fernández, quen garantiu os servizos mínimos para Camariñas.  

A doutora Elisa Eiroa, que é agora mesmo a única que atende pacientes, e ante a cantidade de persoas ás que debe tratar, vese na obriga de priorizar as súas funcións, sendo sendo de primeira necesidade tratar aos pacientes.  

Desde a Consellería aseguran que o día 15 de agosto, que é cando a médico titular marcha de vacacións, haberá un médico substituto. Á súa vez, tamén se está buscando unha persoa que cubra da médico titular, e que xa non volverá a Camariñas.  
Desde o Concello, Sandra Insua expresou a súa inquietude, porque “é un servizo fundamental para o noso municipio, e moitos veciños veñen ao meu despacho preocupados pola situación”, apunta a alcaldesa. O goberno local seguirá a buscar solucións para reverter esta situación, algo que “xa era e seguirá sendo prioritario para nós”, sentenciaba Insua.


© by Abertal