Un anaco de Camariñas estará presente, durante esta fin de semana, en Peniche (Portugal), na Mostra Internacional de Bilros. Ata o lugar desprazáronse a alcaldesa de Camariñas, Sandra insua, a concelleira da Mostra do Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Begoña Tajes, e a directora da Mostra do Encaixe de Camariñas, Dolores Lema.
Así mesmo, á mostra portuguesa acudiron os integrantes do grupo de gaitas 'Con toda en banda'. O Concello de Camariñas e o de Peniche están hermanados desde o 21 de xullo do 2011.
Como parte do evento, hoxe, ás 22.00 horas, haberá un desfile con roupa de Camariñas.