O Concello

Departamentos

* ‘Enmeigada’, de Naiara Veiras, tamén en Mondariz esta fin de semana 22/07/2019

‘Enmeigada’, de Naiara Veiras, tamén en Mondariz esta fin de semana

‘Enmeigada’, de Naiara Veiras, tamén en Mondariz esta fin de semana  

  • A novel deseñadora, que participou na Mostra do Encaixe de Camariñas 2019, enfeitizará aos presentes na ‘DS Midnight Fashion Show’.
  • Presentará un deseño novo, ademais dos catro que xa puidemos ver o pasado abril en Camariñas.
   
Naiara Veiras, novel deseñadora que participou na edición deste ano da Mostra do Encaixe, enfeitizará ao público coa colección que xa presentou en Camariñas, á que engade un modelo inédito.  

‘Enmeigada’ trátase dunha colección con carácter propio, inspirada na mitoloxía galega e nas meigas, onde priman os accesorios con forma de lúa porque na noite é o momento de pleno apoxeo destes seres místicos.  

Naiara, que participará no ‘DS Midnight Fashion Show’ do Balneario de Mondariz por vez primeira, debutará nun evento externo á Mostra, o que supón para ela “unha demostración de que o traballo ben feito ten oco, e teño as espectativas moi altas.”. Encara con moita ilusión este Fashion Show, do que espera “empaparse dos traballos doutras compañeiras e compañeiros, e que de seguro servirá para anotar ideas para un novo traballo”.  

“Será unha fin de semana inesquecible. Tras o que vemos, hai moitas horas de traballo na sombra, moitas veces moi difíciles, e ver ás modelos desfilar con roupa túa é unha sensación única e marabillosa”, anota a nova deseñadora.


© by Abertal