O Concello

Departamentos

* Yolanda Román, gañadora da XXVI edición dos Noveis Deseñadores 22/07/2019

Yolanda Román, gañadora da XXVI edición dos Noveis Deseñadores

Yolanda Román, gañadora da XXVI edición dos Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe 2019, exporá a súa colección na ‘DS Midnight Fashion Show’ do Balneario de Mondariz  

  • A súa colección “No quiero tener que ser valiente”, e que lle valeu para alzarse co triunfo no evento camariñán, será a que expoña esta fin de semana no evento de Mondariz.
  • O desfile terá lugar este venres, 19 de xullo, ás 21:00 horas.
 
A gañadora da XXVI edición do concurso de Noveis Deseñadores, da Mostra 2019, Yolanda Román, levará a súa colección á ‘DS Midnight Fashion Show’ desta fin de semana.  

“Me hace especial ilusión participar en este evento, ya que es la primera vez que lo hago desde Camariñas, y tengo ganas de que la gente vea mi colección”, afirma Yolanda.  

Ao longo de catro meses, na súa cabeza deseñou e posteriormente confeccionou a súa colección, con encaixe de Camariñas, cuxo título xa o di todo prácticamente. “No quiero tener que ser valiente” é unha reivindicación do sometemento patriarcal á muller na sociedade actual, situación que, segundo ela, “sigue siendo tiempo para reivindicar, en cualquier contexto, y porqué no, también en la moda”.    

Yolanda concursará no evento de Mondariz “con muchas ganas, ya que había leído sobre él pero nunca pensé poder formar parte del mismo, con propuestas de mucho nivel y nombres muy respetables del mundo de la moda”, comenta a nova deseñadora.  

“Tan sólo quedan los últimos retoques, y afronto la experiencia con mucha ilusión. Esto es una prueba de que Camariñas es un gran escaparate, que da pie a que la gente joven mostremos nuestro trabajo en otros sitios”, concluía Yolanda.


© by Abertal