O Concello

Departamentos

* Máis de 150 nenos e nenas participan na primeira quenda dos campamentos culturais e deportivos de verán 08/07/2019

Máis de 150 nenos e nenas participan na primeira quenda dos campamentos culturais e deportivos de verán

·        Ademais na actividade náutica xa están cubertas as 120 prazas correspondentes as catro quendas programadas.  

O Concello de Camariñas aposta polos campamentos culturais e deportivos de verán como unha alternativa de ocio que permite facilitar a conciliación ás familias. A primeira quenda desta actividade xa está en marcha con un total de 153 nenos e nenas inscritos.  

Hai obradoiros divididos por idades que abranguen desde os nados no 2005 ata os que naceron no 2015. Os rapaces e rapazas poden gozar de saídas as praias, festas de disfraces, obradoiros, rutas de sendeirismo, olimpiadas infantís, cursos de orientación, xogos no mar...  

Hai programadas catro quendas, do 2 ao 15 de xullo, do 18 de xullo ao 1 de agosto, do 2 ao 16 de agosto e do 19 ao 30 de agosto. As renovacións faranse nos pavillóns, 3 días antes de rematar a quenda. As novas inscricións da 2ª,3ª e 4ª quenda faranse na Casa do Concello 2 días antes de rematar as quendas. Terán preferencia as renovacións.  

Actividades náuticas  

Por outra banda, xa están completas as 120 prazas correspondentes as catro quendas programadas para a actividade náutica.  

Os participantes en todas as actividades culturais e deportivas para o verán do Concello de Camariñas dispoñen de servizo de transporte coas seguintes paradas:  

  • Ida: 9:15 h. Camelle – Ponte do Porto – Xaviña – Camariñas 10:00 h.
  • Volta: 13:30 h. Camariñas – Xaviña – Ponte do Porto – Camelle 14:00 h.


© by Abertal