O pasado sábado, 6 de xullo, na praia de Arou no Concello de Camariñas levouse a cabo o proxecto ‘Reparas?’, unha campaña educativa itinerante sobre prevención, reutilización, reciclaxe e compostaxe dos residuos urbanos.
A través desta campaña, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co fin de fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos, un equipo de monitores medioambientais desenvolveron na praia de Arou actividades para os máis pequenos e tamén para adultos.
Entre estas actividades estiveron unha exposición de paneis con proxeccións audiovisuais de contido ambiental, información e divulgación sobre os contidos da exposición, actividades dinámicas e tamén se atenderon as dúbidas e consultas do público