Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Turismo del Imserso temporada 2019/2020
Requisitos:
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social con 65 anos cumpridos.
- Ser pensionistas de xubilación do Sistema Público español de pensións.
- Ser Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos.
- Ser emigrante retornado a España e pensionista do sistema público da Seguridade Social do país do que retornou.
As/os cónxuxes, parellas de feito ou unión estable non precisan reunir os requisitos de idade ou pensión. Así mesmo, se admitirá como acompañante a unha/un filla/o con discapacidade cun grao igual ou superior o 45 %, sempre que a discapacidade lles permita viaxar, o fagan cos pais compartindo habitación e, deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que lle impidan a normal convivencia nos hoteis.
Destinos:
- Opción A: Zona Costeira Peninsular.
- Opción B: Zona Costeira Insular ou Turismo de Interior.
Prazo: ata o 10 de xullo de 2019, nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello, para máis información poderán chamar o teléf.: 981 73 70 04. Tamén poderán facer a solicitude on line a través da Sede Electrónica do Imserso: https://sede.imserso.gob.es
Camariñas, 3 de xullo de 2019
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade
Begoña Tajes Méndez