O Concello

Departamentos

* AXUDAS A ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS QUE REALICEN ACTIVIDADES CULTURAIS (XUNTA DE GALICIA) 15/06/2011

AXUDAS A ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS QUE REALICEN ACTIVIDADES CULTURAIS (XUNTA DE GALICIA)

(Orde publicada no  Diario Oficial de Galicia  núm. 112 do luns, 13 de xuño de 2011.)

A Consellería de Cultura e Turismo destina 300.000 euros para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais. Inclúense nesta orde os programas e actividades desenvolvidos desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de marzo de 2012.

Para os efectos desta convocatoria, enténdese por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura en Galicia. Poderán optar a estas subvencións as fundacións, entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e que desenvolvan as súas actividades habitualmente na nosa Comunidade Autónoma.

Os que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes contado a partir do día 14 de xuño. As entidades interesadas deberán presentar unha memoria, o máis detallada posible, relativa ao programa ou actividade, que deberá incluír: a contribución ao fomento e difusión da cultura e da lingua galega; o potencial número de beneficiarios do programa ou actividade; a repercusión territorial do programa; o calendario de execución do mesmo; o orzamento desagregado; e un breve resumo das actividades culturais levadas a cabo durante os dous últimos anos. Voluntariamente poderá achegarse calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que sexa pertinente para a mellor valoración do programa presentado.


© by Abertal