🏖 XOGOS E INFORMACIÓN MEDIOAMBIENTALNA PRAIA DE AROU
👉 Campaña para fomentar a recollida selectiva dos residuos domésticos e alimentarios.
O sábado 📅 6 de xullo, de ⏰ 10:00 a 14:00, un equipo de monitores medioambientais desenvolverán actividades para nenos e maiores:
✅ Xogos para os máis novos.
✅ Charlas para adultos.
✅ Paneis con proxeccións audiovisual.
✅ Información e atención das dúbidas do público sobre o medioambiente e os residuos.
SÁBADO 6 DE XULLO. CAMPAÑA EDUCATIVA ITINERANTE NA PRAIA DE AROU.
O Concello de Camariñas participa na campaña educativa itinerante sobre prevención e xestión de residuos domésticos e desperdicio alimentario promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, co fin de fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos.
De 10:00 a 14:00 horas do sábado 6 de xullo, un equipo de monitores medioambientais desenvolveran na praia de Arou, actividades para a rapazada e para adultos. Entre estas actividades están:
· Unha exposición de paneis con proxeccións audiovisual de contido ambiental.
· Información e divulgación sobre os contidos ambientais da exposición e audiovisual
· Actividade dinámica para a rapazada
· Atención das dúbidas e consultas do público sobre a temática medioambiental e os residuos por parte dos monitores medioambientais
Tódalas actividades son gratuítas e abertas ao público que se achegue á praia de Arou.
Máis información: Área de desenvolvemento local de Camariñas.
981 737 004 adl@camarinas.net www.camarinas.net