·O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fíxolle entrega da distinción ao areal do municipio camariñán.
·Ademáis, no acto tamén se lle recoñeceu ao Concello o galardón de ‘Sendeiro Azul’ para o Sendeiro da Costa da Morte, e de Centro Azul ao Museo MAN de Camelle.
Hoxe a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recolleu na praia de Montalvo, en Sanxenxo, a distinción de ‘Bandeira Azul’ que outorga a Xunta de Galicia aos areais galegos.
Foi precisamente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen fixo entrega da distinción para a praia de Arou.
No acto, ademáis, tamén se lle recoñeceu ao Concello o galardón de ‘Sendeiro Azul’ para o Sendeiro da Costa da Morte, e de Centro Azul ao Museo MAN de Camelle.