O Concello

Departamentos

* Camariñas dará a benvida ao verán na súa xa tradicional Noite do Solpor 20/06/2019

Camariñas dará a benvida ao verán na súa xa tradicional Noite do Solpor

·        Terá lugar mañá, venres 21 de xuño, no Monte Farelo.  

Mañán, venres 21 de xuño, terá lugar o solsticio de verán, o día máis largo do ano e que serve para comezar unha nova estación no hemisferio norte. En Camariñas, os veciños e veciñas daranlle un ano máis a benvida ao verán na ‘Noite do Solpor’.  

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Camariñas, cumpre xa cinco anos e está totalmente asentada. A media tarde, os camariñáns comezarán a subir ao Monte Farelo ataviados con mesas portátiles, cadeiras e todo o necesario para agardar o agochamento do sol mentres gozan dunha cea campestre cunhas inmellorables vistas do solpor.  

Cando o astro desapareza totalmente comezará unha obra de teatro aberta ao público na que se representarán antigos ritos pagáns que se levaban a cabo nese mesmo monte, onde hai unha capela, na época do solsticio: o rito da fecundidade, para ter boas colleitas...  

Ao remate da actuación todos os asistentes poderán gozar de xeito gratuíto dunha queimada para dar a benvida ao verán e tamén haberá música en directo.


© by Abertal