O Concello

Departamentos

* Sandra Insua asiste á presentación do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’ 05/06/2019

Sandra Insua asiste á presentación do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’

· Nesta edición a travesía a nado entre Camariñas e Muxía pasa a formar parte do circuíto.
· A data da proba será o 30 de xuño.  

Esta mañá a sede de Abanca na Coruña acolleu a presentación do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’. No acto estivo presente a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, xa que a travesía a nado entre Camariñas e Muxía pasa a formar parte deste circuíto.  

A travesía a nado entre Camariñas e Muxía celébrase desde hai 3 anos e esta alianza permitirá que se multiplique a súa promoción xa que o Circuíto, que naceu no ano 2018, engloba varias travesías a nado na provincia da Coruña, como a do Balarés, Sisargas, Oleiros, A Coruña e Fisterra.  

A travesía terá lugar o 30 de xuño e será a segunda do calendario do circuíto, que comezará este domingo, 9 de xuño, na cidade da Coruña. Sandra Insua amosouse encantada de formar parte do circuíto xa que isto “permitirá convertilo nun evento de referencia na nosa comarca e en toda a provincia”.


© by Abertal