O Concello

Departamentos

* CAMARIÑAS CON TALENTO 04/06/2019

Actividades para persoas de 17 a 29 anos

CAMARIÑAS CON TALENTO. PROGRAMA PARA A MOCIDADE



Camariñas, con talento
é un programa, promovido polo Concello de Camariñas e subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que ten como finalidade abordar un dos problemas dos territorios rurais de Galicia: a fuga de talento xuvenil ás zonas urbanas.

Promover e capacitar o emprendemento na mocidade é unha vía imprescindible para reter o talento xuvenil nas zonas rurais, ademais de incrementar a viabilidade e a autoestima do empresariado mozo destes territorios. Nestes dous eixos se enmarca Camariñas, con talento.

Este programa ten como obxectivos fomentar o espírito emprendendor, divulgar oportunidades para creación de empresas, reter o talento da mocidade local e promocionar o talento local emprendedor.

No programa CON TALENTO conxúganse dous aspectos que teñen dado bos resultados e repercusión social:
-          A implicación do tecido empresarial e dos centros escolares, reforzando así valores de colaboración, solidariedade e responsabilidade social.
-          A obtención dun produto grazas á participación das novas xeracións e que permite visibilizar os resultados.

Está dirixido a persoas menores de 30 anos e contempla as seguintes actividades e obxectivos:  

CON FLOW  Promover e reforzar actitudes e valores para o emprendemento en menores de idade.
Actividade: Obradoiro de actitudes emprendedoras
Nº prazas: 15
Colectivo prioritario: de 14 a 16 anos
Duración: 3 horas
Data prevista: 2 de setembro    

CON VALOR  Coñecer e contactar con modelos de éxito de pequenas iniciativas vinculadas ás oportunidades e recursos locais promovidas pola mocidade da contorna. Actividade: Visita guiada a boas prácticas empresariais
Nº prazas: 40
Colectivo prioritario: de 18 a 29 anos
Duración: 8 horas, contando coa viaxe.
Data prevista: 10 de setembro

CON TALENTO  Dar a coñecer e promocionar, empregando ferramentas TIC´s, modelos de éxito de pequenas iniciativas promovidas pola mocidade local e especialmente polas mulleres.
Actividade: Obradoiro práctico de creación de contidos audiovisuais con dispositivos móbiles (Android e iOS)
Nº prazas: 15
Colectivo prioritario: de 17 a 29 anos, preferentemente persoas desempregadas Duración: 20 horas
Data prevista: do 2 ao 4 de setembro  

CON FUTURO  Dotar ao empresariado mozo de habilidades no uso das redes sociais para a promoción da súa actividade empresarial, especialmente en Instagram. Actividade: Píldora formativa: instagram para empresas
Nº prazas: 15
Colectivo prioritario: De 18 a 29 anos, preferentemente empresariado ou persoas emprendedoras.
Duración: 3 horas
Data prevista: 5 de setembro

As actividades son gratuítas previa inscrición. O prazo para inscribirse remata o 15 de agosto de 2019. O horario das actividades será os acordado có alumnado participante.

Para máis información e inscricións: Axencia de desenvolvemento local de Camariñas, na praza de Insuela S/N 15123 Camariñas. T. 981737004 adl@camarinas.net . www.camarinas.net

Videos relacionados

Descargas relacionadas


© by Abertal