O Concello

Departamentos

* Camariñas fomenta a inclusión e normaliza a diversidade entre os escolares do municipio 03/06/2019

Camariñas fomenta a inclusión e normaliza a diversidade entre os escolares do municipio

·        Organízanse charlas e saídas que comezan hoxe e rematarán o 12 de xuño.  

O departamento de Asuntos Sociais do Concello de Camariñas deseñou un programa de charlas e saídas dirixido aos escolares de todo o municipio para fomentar a inclusión e normalizar a diversidade que existe na nosa sociedade.  

Este programa dá comezo hoxe, venres 31 de maio, coa primeira das charlas de introdución a diversidade funcional que recibirán os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de Camariñas. O luns, 3 de xuño, serán os seus compañeiros do CEIP Ponte do Porto os que asistan a esta actividade.  

Para o martes, 4 de maio, está programada unha visita a ASPABER (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños) e o xoves, 6 de xuño, persoal e usuarios da Asociación de Xordos de Galicia visitarán os CEIP de Ponte do Porto e Camariñas.  

Por último, os escolares poderán coñecer as instalacións de Integro, a Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. O luns 10 de xuño será a quenda para os nenos e nenas de cuarto de primaria e o mércores 12 de xuño serán os pequenos de infantil os que leven a cabo a visita.


© by Abertal