Edith del Valle, embaixadora do encaixe de Camariñas na II Mostra Internacional Renda de Bilros 27/05/2019
Edith del Valle, embaixadora do encaixe de Camariñas na II Mostra Internacional Renda de Bilros
- O evento tivo lugar os días 17, 18 e 19 de maio na vila portuguesa de Serra D’El Rei.
- Amosou a súa colección ‘Urban Puppets’.
A deseñadora compostelá Edith del Valle levou o encaixe de Camariñas á II Mostra Internacional Renda de Bilros, na localidade lusa de Serra D’El Rei. Alí, presentou a colección que xa puidemos contemplar na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, designada por ela mesma como “Urban Puppets”. Os asistentes puideron comprobar o talento de Edith no desfile do sábado pola tarde.
Esta resultou a segunda participación de Edith nesta celebración do mundo da moda, xa que tamén estivo na primeira edición de 2018. Segundo a deseñadora galega, “é chamativo a similitude existente entre Serra D’El Rei con Camariñas”. Del Valle comentaba que “se trata con moita exquisitez o encaixe”, e que para ela presenta un auténtico reto participar neste evento, no que aceptou a invitación con gratitude.
“Levei un anaquiño de Camariñas conmigo ata Portugal, e iso éncheme de orgullo”, di a compostelá. “Un evento como este aúna pobos, e para os que nos adicamos a isto é un privilexio asistir, presentando as nosas creacións”.
‘Urban Puppets’, a colección da que xa puidemos gozar en Camariñas, é un clamor á sociedade actual, máis interesada no que pasa a través dunha pantalla que no que podemos dicir cos ollos. Unha reivindicación coa que aunará tradición e modernidade, e na que terá representación o encaixe de Camariñas.