O Concello

Departamentos

* Camariñas acolleu hoxe a presentación das fases finais do Campionato Provincial A Coruña e da final da 2ª División Infantil Feminina de balonmán 20/05/2019

Camariñas acolleu hoxe a presentación das fases finais do Campionato Provincial A Coruña e da final da 2ª División Infantil Feminina de balonmán


  • O pavillón municipal acollerá os campionatos os vindeiros días 24, 25 e 26 deste mes.

O Concello de Camariñas presentou hoxe, venres 17 de maio, as fases finais do Campionato Provincial A Coruña de balonmán (que terán lugar o 25 e 26 de maio) e a fase final galega da 2ª División Infantil Feminina de balonmán (24, 25 e 26 de maio). Ambas competicións xogaranse no pavillón municipal de Camariñas.

“O feito de acoller este tipo de eventos amosa o compromiso do Concello e da súa veciñanza con este deporte, moi practicado na zona”, expresou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, no acto de presentación destas competicións. Ao evento tamén acudiu o concelleiro de Deportes, Jose M. Canosa, que manifestou “a ilusión de poder albergar competicións coma esta. Agardamos que os camariñeses e camariñesas, así como xente de outros lugares, se acheguen a gozar desta festa do balonmán”.

Na presentación do programa tamén estiveron o presidente do Club Balonmán Camariñas, Andrés Cerdeiras, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, o delegado provincial da Federación, Borja Tajes, e o responsable de competicións da Federación, Jesús Varela.

Descargas relacionadas


© by Abertal