O Concello

Departamentos

* O Concurso Letras Galegas de Camariñas celebrará unha gala para premiar os mellores escritos 15/05/2019

O Concurso Letras Galegas de Camariñas celebrará unha gala para premiar os mellores escritos

  ·        Repartiranse máis de 700 euros ao alumnado galardoado nas diferentes categorías no acto do vindeiro venres.  

O Concello de Camariñas organiza, un ano máis, o certame literario Concurso Letras Galegas. Este ano a entrega de premios aos mellores textos terá lugar o vindeiro venres, 17 de maio, día das Letras Galegas, ás 12:00 h na Praza do Concello. No concurso participaron os alumnos e alumnas de todos os colexios do municipio.   

A Tropa do Doutor Milagre, de Inventi Teatro, serán os encargados de presentar a gala ao mesmo tempo que a amenizan cun espectáculo de música, improvisación, xogo e baile. O evento terá lugar na Praza do Concello, e en caso de choiva trasladarase á Casa de Pedra.  

O concurso está dividido en 6 categorías dependendo das idades e dos textos presentados. A categoría A comprende aos alumnos de infantil, que presentarán traballos colectivos. As categorías B (1º ciclo de Primaria), C (2º ciclo), D (3º ciclo), E (1º ciclo da ESO) e F (2º ciclo) terán dúas subcategorías: prosa e poesía. Debido ao alto nivel das obras presentadas haberá 5 premios accésit nas categorías C, D, E e F. Repartiranse máis de 700 euros en premios.  

Todos os galardoados recibirán un libro en galego, e os da categoría A levarase a maiores 80 euros para o grupo gañador. Os das categorías B, C e D 30 euros cada premio, e as E e F 80 euros cada premio. Os accésit levaranse 15 euros na C e D, e 40 euros na E e F.


© by Abertal