A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de maio as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1,2,3 e 4, no ano 2019.
Datas de realización das probas:
- Celga 1: en Santiago de Compostela. 16 de xuño para todas as persoas admitidas
- Celga 2: en Santiago de Compostela e en Ponferrada 15 de xuño para todas as persoas admitidas
- Celga 3: en Santiago de Compostela
8 de xuño: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha da seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B e C
9 de xuño: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P
En Ponferrada
8 de xuño para todas as persoas admitidas
- Celga 4: en Santiago de Compostela e en Ponferrada
1 de xuño: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha da seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C e D
2 de xuño: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.
No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de realización seralles comunicada directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As sedes e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190515/AnuncioG0535-080519-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
www.lingua.gal
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES:9:00 – 15:00