O Concello

Departamentos

* Yolanda Román, gañadora da XXVI edición dos Noveis Deseñadores 07/05/2019

Yolanda Román, gañadora da XXVI edición dos Noveis Deseñadores

Yolanda Román, gañadora da XXVI edición dos Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe 2019, fai balance de todo o vivido en Camariñas  

  • A súa colección “No quiero tener que ser valiente”, unha revindicación do sometemento patriarcal á muller na sociedade actual.
  Xa pasou case un mes desde que a Yolanda Román conseguise o primeiro premio na XXVI edición do concurso de Noveis Deseñadores na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, coa súa colección “No quiero tener que ser valiente”.  

A nova deseñadora fai balance do vivido en Camariñas, xa que “todavía estoy en una nube, no me lo creo. Lo viví todo muy deprisa. Recientemente tuve que hacer unos arreglos a mi colección y por momentos parece que todavía estoy allí”, relata Yolanda.  

Segundo nos explica, a consecución do primeiro premio dalle forzas para seguir no camiño “en un mundo tan complicado como lo es la moda, lleno de talento y como ya hemos podido comprobar este año, ya que había propuestas de muy alto nivel”.  

Ao longo de catro meses, na súa cabeza deseñou e posteriormente confeccionou a súa colección, con encaixe de Camariñas, cuxo título xa o di todo prácticamente. “No quiero tener que ser valiente” é unha reivindicación do sometemento patriarcal á muller na sociedade actual, situación que, segundo ela, “era hora de tratar. Era hora de dar voz a muchas personas también a través del mundo de la moda. Los que trabajamos en esto tenemos la responsabilidad de ser consecuentes con lo que pasa ahí fuera, más allá del glamour de las pasarelas”, comentaba a gañadora.  

Yolanda tamén nos explica que se decidiu a presentarse porque o Encaixe é un tema con bastante peso no ámbito académico, do que se fala moito nas escolas de moda. “Trabajar con este tipo de material es un lujo”, apuntaba.  

A nova deseñadora, que aínda vive como un soño o que lle aconteceu en Camariñas, relata que “volvería encantada a una nueva Mostra do Encaixe, es un evento que llevaré ya siempre en el corazón. Me quedo con el ambiente, sobre todo las personas que hemos vivido más dentro del backstage y que hacen que te sientas a gusto y confortable. Es una auténtica maravilla la familia que se ha creado ahí dentro”.  

Por último, tamén anima á xente que ame a moda a “participar en este evento, a salir de la zona de confort, ya que el encaje es un material delicado y como tal, da mucho respeto confeccionar prendas con estas telas, pero que mi paso por Camariñas ha sido muy constructivo y animo a todos los jóvenes diseñadores a acudir a la cita”.


© by Abertal