O Concello

Departamentos

* O Encaixe de Camariñas, presente na VII Semana da Moda de Donostia 06/05/2019

O Encaixe de Camariñas, presente na VII Semana da Moda de Donostia

  • No evento, deseñadoras participantes na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, como Erika Gómez e Blanca Gómara, amosan ao mundo o futuro sostible do mundo da moda.
    Xa está aquí. O futuro do mundo da moda é sostible. Fumos quen de comprobalo na edición da Mostra do Encaixe de Camariñas deste ano, e o proxecto está a traspasar fronteiras.  

Erika Gómez, de Twin and Chic, e que xa presentou os seus deseños con encaixe de Camariñas na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, está a participar na VII Semana da Moda de Donostia, en San Sebastian, que deu comezo o 1 de maio e remata mañá, domingo 5 do mesmo mes.  

Nun dos eventos máis relevantes a nivel nacional, un dos proxectos de maior relevancia é, precisamente, o que está a acometer xente do mundo da moda como Erika Gómez, de Twin and Chic, ou Blanca Gómara, de B2Fabric.  

A propia Blanca comentaba que “estámonos movendo cara unha dinámica claramente respectuosa co medio ambiente, xa que a industria téxtil é a responsable do 20% dos refugallos na auga a nivel mundial”.  

Precisamente, a propia Blanca Gómara é unha das pioneiras no tratamento do algodón ecolóxico con encaixe de Camariñas, material que permite conservar toda a calidade da artesanía e, vencellado a iso, a non toxicidade.  

Polo tanto, e xa o comprobamos na Mostra do Encaixe celebrada este ano, a tendencia é cara os produtos sostibles e dermosaudables, como no caso de Twin and Chic, xa que seus deseños están pensados para os máis pequenos, e o coidado da súa pel é moi importante.


© by Abertal