· A campaña comezou o día 12 de febreiro, cun sondeo inicial para avaliar a situación.
· Contabilizáronse un total de 2099 exemplares atrapados, o que supón un importante avance de cara a tempada estival.
O Concello de Camariñas segue a desenvolver con gran eficacia a campaña de batidas contra a vespa velutina, que comezaba o pasado 12 de febreiro coa colocación de trampas piloto para a realización dunha sondaxe. A día 25 de abril capturáronse 2099 raíñas.
Este ano, o insecto adiantou o seu ‘espertar latente’ e volve estar activo antes do habitual, situación ante a que o Concello decidiu actuar de inmediato. Durante as revisións realizadas, o 21 de marzo contabilizáronse 411 capturas. O 8 de abril, 569 exemplares capturados e na última, o 25 de abril, 1119 insectos. En total, contabilizáronse un total de 2099 exemplares nas trampas.
As trampas, de índole caseira, consisten nunha mestura de alcoles con substancias doces, como o vermú, viño blanco, zume de arándanos, e diversas variedades de alcol branco, como poden ser a xinebra ou o ron. De momento este tipo de mecanismo está a ter unha grande efectividade.
Estes elementos colócanse nas árbores con flor, onde a velutina se achega para polinizar as flores. Especialmente nas árbores con camelia, un dos favoritos do insecto.
Cabe destacar que é importantísimo realizar esta campaña de prevención, antes do verán, xa que aforrará moito tempo de erradicación e “moitos disgustos”, segundo nos indica José Manuel Padronés, apicultor contratado polo Concello e que se adica ás tarefas de erradicación.