O Concello

Departamentos

* BENESTAR EN BALNEARIOS 11/04/2019

BENESTAR EN BALNEARIOS

Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2019” da Xunta

BALNEARIOS  NA MODALIDADE  DE “todo incluído”  

- Datas e Quendas - E PREZOS POR PRAZA

-Balneario de Acuña - Caldas de Reis – (Pontevedra).- do 18-27 xuño/ do 10 -19 setembro - 342 €
-Caldaria Termal, S.L.U. Arnoia – Arnoia -  (Ourense).- do 5-14 xuño - 361 € 
-Hotel Balneario Augas Santas, S.L.U. – Ferreira de Pantón – (Lugo).- do 3-12 xuño/do 24 xuño-3 xullo/do 16- 25 setembro -  361 € 
-Os Baños da Brea, S.L. – Vila de Cruces (Pontevedra).-  do 1- 9 xullo/do 23 xullo-1 agosto/do 2-11 agosto – 342 € 
-Balneario de Molgas, S.L. – Baños de Molgas – (Ourense).- do 19-28 xuño/ do 1-10 xullo/do 19-28 agosto – 342 €. 
-Balneario de Caldelas, S.L. – Tui – (Pontevedra).-  do 10-19 xullo – 287,50 € 
-Gran Balneario do Carballiño (con aloxamento na Residencia Tempo Libre)– O Carballiño – (Ourense).- do 18-27 setembro – 287,50 € 
- Baños Viejos de Carballo, S.A – Carballo – (A Coruña).-  do 18-27 xullo/ do 31 xullo-9 agosto/ do 24 agosto-2 setembro/  do 5-14 de setembro/ do 18-27 de setembro/ do 11-20 de outubro - 342 € 
-Termas de Cuntis, S.L. (con aloxamento no Hotel Castro do balneario)– Cuntis – (Pontevedra).-  do 27 maio-5 xuño/ do 5-14 xuño/ do 17- 26 xuño/ do 27 xuño-6 xullo/do 8-17 outubro - 361 € 
-Caldaria Termal, S.L.U. Laias – Cenlle – (Ourense).-  do 9-18 xullo - 361 € 
-Caldaria Termal, S.L.U. Lobios (aloxam. Hotel Lusitano)–Lobios – (Ourense).- do 12-21 xuño - 342 € 
-Balneario do Río Pambre– Palas de Rei–(Lugo).- do 21-30 xuño/do 3-12 xullo/do 14-23 xullo-342 € 
-Balneario Termas de Lugo, S.L. – Lugo.-  do 17-26 xuño/ do 26 xuño-5 xullo/ do 5-14 xullo/do 5-14 xullo/ do 29 xullo-7 agosto/ do 19-28 agosto/do 29 agosto-7 setembro – 361 € 
-Balneario Mondariz - Mondariz – (Lugo).- do 9-18 xuño/do 11-20 xuño/do 1-10 agosto/do 22 setembro-1 outubro/do 17-26 outubro/do 27 outubro-5 novembro – 361 € 

Requisitos:


-Ser maior de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista da Seguridade Social.
-Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia
-Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir, non padecer alteracións do comportamento que afecten a normal convivencia e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
-Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
-Reunir os requisitos establecidos, na data en que remate o prazo de presentación da solicitude e, acadar a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
-A/o solicitante poderá acompañarlle o seu cónxuxe (non terá que cumprir o requisito da idade), os/as fillos/as que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando non necesiten apoio de 3ª persoa, se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitores e, cumpran os requisitos citados excepto o da idade e, unha persoa coa cal desexe participar no programa sempre que esta cumpra todos os requisitos anteriores.

Documentación:

-Os Anexos I, II e III
-Copia compulsada do pasaporte do solicitante/acompañantes, se procede.
-A copia do libro de familia da persoa solicitante, no caso de acudir cunha filla ou fillo con discapacidade.
-Certificado do grao discapacidade da filla ou fillo, se non fose expedido pola Xunta de Galicia.
-Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta do solicitante/acompañantes.
-Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia/enfermidade que requira dalgunha atención especial (trat. farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, cuarto individual..)  

Prazo e lugar de solicitudes: as solicitudes achegaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia, (código do procedemento BS607A) https://sede.xunta.gal, así como, opcionalmente en soporte papel. O prazo remata o 2 de maio de 2019, poderán informarse nas dependencias de Servizos Sociais e igualdade do Concello.

Camariñas, 8 de abril de 2019                                           
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade                                          
Sandra Insua Rial

Descargas relacionadas


© by Abertal