O Concello

Departamentos

* BENESTAR A TRAVÉS DE TALASOTERAPIA 2019 11/04/2019

BENESTAR A TRAVÉS DE TALASOTERAPIA 2019

Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar a través de Talasoterapia” da Xunta. Código do procedemento BS607B.  

Talasoterapia é o método terapéutico que se basea na utilización do medio mariño (auga do mar, algas, barro e outras sustancias extraídas do mar) e do clima como axente terapéutico.

Establecementos -  Prestacións  - Datas e Quendas – e Prezo por praza -     

Hotel Talaxo Louxo**** - Illa da Toxa – (Pontevedra) – Parque mariño (60 minutos/día).- do 12-17 maio/do 19-24 maio/do 22 ao 27 setembro/do 20-25 outubro/do 27 outubro-1 novembro/do 3-8 novembro/do 10-15 novembro/do 17-22 novembro - 201 €

-      Thalasso Cantábrico**** (aloxamento Hotel****/Restaurante Wellness Thalasso - Viveiro –  (Lugo) – Circuíto (un acceso diario).- do 12-17 maio/do 19-24 maio/do 26-31 maio/do 22-27 setembro/do 27 outubro-1 novembro/do 3-8 novembro/do 10-15 novembro - 201 €    

Requisitos:

-Ser maior de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista da Seguridade Social.
-Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia
-Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir, non padecer alteracións do comportamento que afecten a normal convivencia e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
-Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
-Reunir os requisitos establecidos, na data en que remate o prazo de presentación da solicitude e, acadar a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
-A/o solicitante poderá acompañarlle o seu cónxuxe (non terá que cumprir o requisito da idade), os/as fillos/as que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando non necesiten apoio de 3ª persoa, se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitores e, cumpran os requisitos citados excepto o da idade e, unha persoa coa cal desexe participar no programa sempre que esta cumpra todos os requisitos anteriores.  

Documentación:

-Os Anexos I, II e III
-Copia compulsada do pasaporte do solicitante/acompañantes, se procede.
-A copia do libro de familia da persoa solicitante, no caso de acudir cunha filla ou fillo con discapacidade.
-Certificado do grao discapacidade da filla ou fillo, se non fose expedido pola Xunta de Galicia.
-Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta do solicitante/acompañantes.
-Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia/enfermidade que requira dalgunha atención especial (trat. farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, cuarto individual..)  

Prazo e lugar de solicitudes: as solicitudes achegaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, así como, opcionalmente en soporte papel. O prazo remata o 2 de maio de 2019, poderán informarse nas dependencias de Servizos Sociais e igualdade do Concello.

Camariñas, 8 de abril de 2019                                           
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade                                          
Sandra Insua Rial

Descargas relacionadas


© by Abertal