· As obras foron adxudicadas por 32.572 euros.
O Concello de Camariñas continúa a renovar a rede de estradas en todo o municipio, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria. Agora acaban de comezar as obras de renovación do firme nos lugares de Sixto e Pións, pertencentes á parroquia de Xaviña.
A primeira parte dos traballos consistiu na limpeza de marxes e cunetas e posteriormente aplicarase unha capa de firme formada por 5 centímetros de formigón bituminoso. Ademais, instalarase a correspondente sinalización horizontal e vertical.