· A proposta aprobouse no pasado pleno do mes de marzo.
Conclúe o procedemento de elección do Xuíz de Paz titular do Concello de Camariñas. Rosario Devesa Martínez repetirá no cargo tras aprobar o pleno do pasado mes de marzo a proposta cos votos a favor do PSOE e do BNG e a abstención do PP.
A reelección estivo fundamentada na súa experiencia durante estes últimos anos como Xuíz de Paz. O pasado mes de xaneiro habilitouse un procedemento para optar a este posto para os que o requisitos eran ser español, maior de dezaoito anos e non estar incurso en ningún tipo de causa xudicial ou haber sido condenado ou inculpado por delitos dolosos.